• A multinacional enerxética premiada pola súa iniciativa Compromiso coa Seguridade e a Saúde, implantada dende 2011 en toda a organización, niveis e negocios.
  • GAS NATURAL FENOSA integrou nas súas liñas estratéxicas o compromiso coa Seguridade e a Saúde para os seus empregados, empresas colaboradoras e clientes, converténdoos así en valores prioritarios para a compañía.

GAS NATURAL FENOSA foi galardoada nos DuPont Safety and Sustainability Awards, os máis destacados a ámbito internacional no sector da seguridade e saúde, nunha cerimonia que tivo lugar en Singapur. A multinacional enerxética recibiu o premio Seguridade en EMEA (Europa, Oriente Medio e África) polos proxectos englobados na súa iniciativa Compromiso coa Seguridade e a Saúde, implantada en 2011, e que lle permitiu reducir un 72% os accidentes laborais.

A compañía levou a cabo un intenso esforzo de transformación, desenvolvendo un cambio cultural e integrando a seguridade e a saúde transversalmente en todas as súas actividades,  implicando non soamente os seus empregados, senón tamén empresas colaboradoras, clientes e á sociedade en xeral, entendendo o benestar como un concepto global.

“A nosa organización asumiu que nada é máis importante que a seguridade, a saúde e o benestar das persoas. As claves deste éxito foron o liderado da Dirección, un ambicioso plan de formación e comunicación, e unha contorna de traballo colaborativo que facilitou que toda a organización se senta partícipe e protagonista deste proxecto, interiorizando os hábitos saudables e logrando que estes transcendan as fronteiras do propio espazo de traballo”, asegurou Antonio Gella, director de Prevención, Saúde, Medio Ambiente e Aseguramento de Calidade de GAS NATURAL FENOSA.

“Estamos gratamente sorprendidos polo proxecto que desenvolve GAS NATURAL FENOSA e este premio é un recoñecemento polos seus logros e o seu compromiso coa excelencia na seguridade. Ao igual que DuPont, cren que a implantación da seguridade logra non soamente que as empresas sexan mellores organizacións corporativas, senón que sexan tamén máis competitivas e eficientes”, afirmou Davide Vassallo, director xerente de DuPont Sustainable Solutions.

Plan Compromiso coa Seguridade e a Saúde

A multinacional enerxética implantou en 2011 o Plan Compromiso coa Seguridade e a Saúde, focalizado na seguridade laboral, industrial, de instalacións e procesos, e integrando o benestar e a saúde como un dos seus eixes prioritarios. Con esta iniciativa logrouse un cambio cultural para que seguridade e saúde formen parte da cultura e o ADN da compañía.

Un dos principais retos do proxecto foi lograr que a iniciativa fose transversal. Por este motivo, impulsouse directamente dende a alta dirección, co que se logrou a súa implantación en todos os niveis, negocios e países nos que GAS NATURAL FENOSA está presente, tendo en conta as diferentes realidades sociais, culturais e recursos cos que se conta en cada país. Un dos feitos relevantes do proxecto foi lograr que a actividade da compañía se desenvolva co mesmo estándar de seguridade, independentemente do lugar no que esta se realice.

Neste sentido, a compañía puxo en marcha novas ferramentas, así como accións informativas e de comunicación para todo o grupo, con principal foco na formación, nas que só durante 2016 se impartiron preto de 240.000 horas en Seguridade e Saúde, dirixidas a todas as persoas da compañía, e lideradas pola alta dirección.

Co obxecto de eliminar os comportamentos inseguros, realizáronse máis de 68.000 observacións de seguridade, orientadas á concienciación sobre condutas preventivas que se poden mellorar; 134.000 inspeccións documentadas focalizadas na supervisión das actividades das empresas colaboradoras e máis de 12.000 reunións periódicas de Seguridade e Saúde co obxectivo de consolidar o devandito cambio.

Todo iso levou á compañía a obter múltiples recoñecementos no ámbito da Seguridade e Saúde, como a certificación AENOR de Modelo de Empresa Saudable en 2015, polo que se converteu na primeira multinacional enerxética en recibilo, a súa inclusión na Rede Española de Empresas Saudables en 2016, así como os premios en seguridade viaria da iniciativa Ponle Freno de Atresmedia ou os premios internacionais Employee Safety e Fleet Safety da AGA (American Gas Association).

Sobre DuPont

DuPont Sustainable Solutions (DSS) é un provedor global de servizos de consultoría para operacións de primeiro nivel que axuda ás organizacións a transformar e optimizar os seus procesos, tecnoloxías e capacidades. DSS, que traballa para a seguridade, produtividade e sustentabilidade medioambiental das organizacións en todo o mundo, é unha das ramas de negocio de DowDuPont Specialty Products, unha división de DowDuPont, líder global en innovación, que axuda a transformar industrias e vida cotiá.

 

Barcelona, 7 de setembro de 2017.

Imaxes

Ruth Otero, da área de Prevención de GAS NATURAL FENOSA, recibe o galardón de man de Louis Wusteman, de LexisNexis UK e membro do xurado, na cerimonia que tivo lugar en Singapur.